Vistas de página en total

miércoles, 26 de octubre de 2011

Xogo...



Un son disco, 8.00, ducha, champú, xel, nevera, microondas, secador, cama, ventana e coche. Wind of change, roxxane… e curva.
Comeza a pensar o xogo,día tras día, oportunidades, risco, e vén a mente eses Un día destes  temos que quedar para tomar un café. Unha frase que todos sabemos que nunca se vai levar a cabo, que non nos disgustaría pero que tampouco o consideramos de prioridade, sen decatarnos de que segundo caian os dados pode ser que ese café nunca chegue. Sen saber porqué pero sen aproveitar os momentos.
Oportunidade, oportunidade, desaproveitamento………………………………….arrepentimento.

(Texto: Marta Joga)

lunes, 24 de octubre de 2011

Pingas..




Bagoas de felicidade, despreocupación dos corazóns e da moral.O ben por riba do mal, a natureza ganándolle unha partida as mentes arrebatadoras e ignorantes do ser humano…. O fin do xogo chegou, por fin

(Texto: Marta Joga)

sábado, 22 de octubre de 2011

Festa...



Clorato de potasio

Cloruro de calcio
Nitrato de stroncio
Nitrato de bario
Nitrato de cobre
Cloruro de litio

Explosión de colores

viernes, 21 de octubre de 2011

Cidade da luz



Lisboa, un lugar distinto, onde poder descubrir que non é necesario  ser albañil para soltarlle piropos guarros ás mulleres, onde o Breo e o Ogama ¡Si teñen pelo! (ainda que non cabelo), que a plastelina non só un xogo de nenos, que as beirarrúas son aparcadoiros, que as pandeiretas son unha arma blanca, que ir en ferri de madrugada é unha carreira de obstáculos, que onde durmen 2, durmen 3, e onde comen 3 comen todos, onde os tomates son as froitas do pecado orixinal, que os “bicos” están mal vistos en público, que as “pilas” son para descargar e non para cargar e que de Oriente a Belém vaise mellor en metro, ainda que sobren os camellos.

(Texto: Ogama)

jueves, 20 de octubre de 2011

Non fan máis ca dar volta





Todo forma parte dunha realidade creada por nós, miradas, opinións,risas, críticas, suxeitos dunha realidade ireal, mundos de plastilina, zoom zoom zoom

Marionetas con fios de alambre dun desenlace escrito.
Zoom, zoom zomm…
(Texto: Marta Joga)

miércoles, 19 de octubre de 2011

Sentires eiki...............


Abre a caixa...
e descobre...que eí é onde verdadeiramente se atopa a felicidade...
Aquilo que sempre procuraches.......
Un sentimento insaciabel...
ansia...
dependencia....



e co paso do tempo...
a marea segue...
o auga tornase morna
pero o vento segue soplando

coma o primeiro día


o ouvido da auga contra as rochas fai que cada vez o grao de felicidade sexa maior...




E bem...........

(Texto: Marta Joga)

martes, 18 de octubre de 2011

Sabes...?




-                                                 -  Sbs?staba alí s 5, com quedaramos, agardando a qchegara.
                              -   Nn se espera, aparece!
Arrepíos, unha  dose de 90000mg de cortisol, a espensas dunha aventura inquedante, pode ser …como non, pode vir ….e marchar, un impacto sen amortiguación algunha, levadura de adrenalina ou oxidación do corazón, non é tempo é momentos…
Agarda, pode esperanos algo bonito.
Dacordo, unha entrada para dous.

(Texto: Marta Joga)

lunes, 17 de octubre de 2011

Nubes e sombras



Cables noxentos que esparexen
na brétema escarchada da noite,
do día,
que penduran dunha vida de chumbo.
Fíos que fan estoupar un núcleo
sen sentido,
unha excesiva carga de electróns
que fai que se convirta aínda máis en
chumbo.
Un remexido que te troca en palla,
un mañozo de maleza,
unha sesamia aniónica levada
polo terral con ímpeto.
Encrespamentos incrustados
que se xuntan ata facer unha revoeira,
percorrendo un sulco sen filtros
que concorre nunha maraña de sesos bravos.
De contado todo volveu ficar en silencio,
ábrese unha fenda serena
máis ó par desta aparece unha fenda
ameazante para o sosego.
Ouvidos nocivos
fan que se difumine o sosego
sen mexericadas, sen estiramentos.
E fico desarmada, soa.

(Texto: Marta Joga)

domingo, 16 de octubre de 2011

Verbas



Mantivo firme o fusil e disparou, en intervalos de 0,01 segundos, deu a volta e cun sorriso volteado agochouse, meteu a cabeza entre as pernas e calou, calou durante 30 anos… Reacio a calquera situación, sinxela ou complicada, reacio a calquera enmarañamento da vida, unha suma de letras que fixeron da vida un  tormento, eutanasia vital, branco pero negro..

(Texto: Marta Joga)

sábado, 15 de octubre de 2011

Stairway to Heaven



Buscando o ceo, o receo, a posibilidade dun mundo feliz , un mundo feliz ideal, irreal, escarbando en toda a maleza para chegar a alcanzar a nada, cinsas inconformables, inaguantables, expresividade de tormento en plenas facultades, asfixia de ironía na procura dunha vida subrealista. Polvo arrepentido…pero polvo.

(Texto: Marta Joga)

viernes, 14 de octubre de 2011

Cheap leader


Unha partida interminable, sofisticada, unha mala xogada, un all in impulsivo…unha ficha definitoria. Un estrume lonxitudinal que se introduce baixo as falanxes,
Q,
K,
J,
un Prozac con xeo por favor.

(Texto: Marta Joga)