Vistas de página en total

lunes, 17 de octubre de 2011

Nubes e sombras



Cables noxentos que esparexen
na brétema escarchada da noite,
do día,
que penduran dunha vida de chumbo.
Fíos que fan estoupar un núcleo
sen sentido,
unha excesiva carga de electróns
que fai que se convirta aínda máis en
chumbo.
Un remexido que te troca en palla,
un mañozo de maleza,
unha sesamia aniónica levada
polo terral con ímpeto.
Encrespamentos incrustados
que se xuntan ata facer unha revoeira,
percorrendo un sulco sen filtros
que concorre nunha maraña de sesos bravos.
De contado todo volveu ficar en silencio,
ábrese unha fenda serena
máis ó par desta aparece unha fenda
ameazante para o sosego.
Ouvidos nocivos
fan que se difumine o sosego
sen mexericadas, sen estiramentos.
E fico desarmada, soa.

(Texto: Marta Joga)

No hay comentarios:

Publicar un comentario