Vistas de página en total

miércoles, 6 de agosto de 2014

12´s Notas



Acordes cos tempos
dos tonos máis lentos.
Humano movemento
resolvendo o contratempo.
Unha octava corta
e unha clave morta.
Certa harmonía
na universalidade da melodía.
Son nítido
dun credo incongsciente.
Ritmo acompasado
dun matiz nun intervalo.

Texto: Marta J.C.

jueves, 31 de julio de 2014

Burbullas





Expedición de produtos fráxiles,
liso.
Pompas de xabón,
ilusión.
Células paralelas,
custodiando soños,
a través do reflexo
dos raios do desexo.
Fuxindo da luz,
elévase,
e nun instante… desaparece.
E veñen outras,
e soplo.
Vibración de enerxía,
e emerxen violentamente na dualidade,

e mentres voe … eu soño. 

Texto: Marta J.C.

martes, 29 de julio de 2014

Astronauta lírico


Vou viajar contigo essa noite
Conhecer a cidade magnífica
Velha cidade supernova
Vagando no teu passo sideral
Quero alcançar a cúpula mais alta
Avistar da torre a via-láctea
Sumir ao negro das colunas
Resplandecer em lâmpadas de gás
Eu, astronauta lírico em terra
Indo a teu lado, leve, pensativo
A lua que ao te ver parece grata
Me aceita com a forma de um sorriso
Eu, astronauta lírico em terra
Indo a teu lado, leve, pensativo
Quero perder o medo da poesia
Encontrar a métrica e a lágrima
Onde os caminhos se bifurcam
Flanando na miragem de um jardim
Quero sentir o vento das esquinas
Circulando a calma do meu íntimo
Entre a poeira das palavras
Subir na tua voz em espiral
Eu, astronauta lírico em terra
Indo a teu lado, leve, pensativo
A lua que ao te ver parece grata
Me aceita com a forma de um sorriso
Eu, astronauta lírico em terra
Indo a teu lado, leve, pensativo
Vou viajar contigo essa noite
Inventar a cidade magnífica
Desesperar que o dia nasça
Levado em teu abraço sideral
Eu, astronauta lírico em terra

Letra: Vitor Ramil

miércoles, 23 de julio de 2014

O carrusel da vida



Bailando ó son da banda sonora de Amelie,
o carrusel xira, xira e da voltas,
sen tino, sen fin.
Mareándome,
ó principio divertido .

Sube e baixa, e da voltas,
tentando pillar ó cabalo de diante,
de carácter e marfil pigmentado.

Soñaba, místico,
naquel retablo circular,
con perspectiva incongruente,
entre a marabunta de xente.

Soñara con vivir, unha historia, nese mundo feliz.
Aterraxe desafortunada,
Baixo, cara onde ninguén me agardaba.
Aturdido, volto ó punto de partida.
Unha e outra vez.
Soterrado.
Orfo.
Espido.

Non foi máis ca un sono.

Enzoufado en tungsteno,
alimento bélico daquela alma,
dunha pedra incrustada,
no máis profundo da miña gorxa.

Arteiro corredor de carreiras sen saída.

Texto: Marta J.C. 

martes, 24 de junio de 2014

O destino só é o comezo dunha nova viaxe


Escaravellando no vento,
ían caendo pétalos,
caían pouco a pouco,
un a un.
Ollando aquel mapa baleiro,
que non era nada,
era aire,
gasoso.
Palabras envolventes,
pensamentos enraizados,
é negrura.

Emoción depurada,
en sangue,
en tristura.
Asasinada pola súa sombra,
naufragou en terra,
ou no ceo,
nun ceo cheo de estrelas,
soidade.
Alento a pecado,
pasa,corre,voa…
O medo cegando á intimidade.
Carballo oxidado,
cara un destino incompleto.
Escoita,
eu baixome aquí.

Texto: Marta J.C.

martes, 10 de junio de 2014

Saber popular


Deixaba que... esperaba a...
Aqueles aínda é cedo... que nunca chegan

- ¿Ti ves aquí só cando hai festa?
- Non, eu veñoche tódo-los días.

O inigualable saber da experiencia.


Texto: Marta J.C.

miércoles, 4 de junio de 2014

A Leiteira


Cantares líquidos
de cántaros sólidos.
Gaseosa paixón,
de ferro na cor,
cor sentimento.

Pasan ó seu carón,
e... asubían,
e queda, permanece.

Figuras plásticas,
pasan diante,
tacto, flash,
e vánse.

Gotas de negrura
dentro dun calderio,
negrura ensombrecida.
Sosegada e madrugadora,
non pernocta.

E...
¿Cando non queden vacas que munguir....?

Texto: Marta J.C.


martes, 20 de mayo de 2014

Demiurgo


Ía esculpindo,
paseniño, paseniño,
desafiando á memoria.
Vulnerable,
modelando o esbozo,
inimaxinable.
Creaba o seu escenario,
sementando sensatez,
dirixíndose a un limbo,
ben merecido.
Instantes insonoros,
lograban viaxar
a aquelas conversas universitarias.
Palabras compartidas,
distancias bifurcadas,
emocións anheladas.

A fin... barro, vida.

Texto: Marta J.C.



jueves, 15 de mayo de 2014

Son D´Ouro


Comecei a escoitar ó fondo da rúa ese son irremplazable. Chirriante, un disco contra outro... íase aproximando. Corro a cortina, e alí estaba el, con esa barba de 6 días, aquela boina vella e con ese cantar melodioso. Afiador e paragüeiro...

Bateu un contra o outro, e da nada saiu. Esa chispa que todos agardaban, e que prendeu na auga facendo que nun cantar saira ese fume espectacular. Ese fume que deixou a todos coa boca aberta. Unha luz incandescente que lle daba un toque distinto á cidade.

Un toque a...  ouro



Texto: Marta J.C.

jueves, 24 de abril de 2014

Píntame....


De esquerda a dereita,
de riba para baixo,
man a man ,
gravando escenas  imaxinables,
pictogramas que permanecen un minuto,
e marchan …
e volven.
Perspectiva incandescente,
combustión,
inevitable, interminable.
Encaixe de bolillos
con luces e sombras,
sombras, moitas sombras.
Pestanexando ante lenzos altivos,
despertan límites imprecisos,
liñas minuciosas que quedan almacenadas.
Esceas dialectais ante ollos invidentes,
inmóbil, ferido,
e permanece,
e queda,

Fósil.

Texto: Marta J.C.

miércoles, 5 de febrero de 2014

Tic, tac, tic, tac...


Sería, coma falar da Teoría da Relatividade. O que conta, é a velocidade con respeto a unha persoa observadora en particular. Calquera teoría do movemento, que intente explicar a maneira en que as velocidades parecen variar dunha persoa a outra sería unha teoría da relatividade.

O paso do tempo faise cada vez máis lento, a medida que un/ha se achega á velocidade da luz, ata facerse cero, xusto cando se alcanza dita velocidade.


Texto: Marta J.C.

viernes, 10 de enero de 2014

Quixen construír …




Quixen construír …
E fabricar ladrillos, e colocalos un a un.
Crear un espazo, noso,
collelo coas mans e subir.
Mollei os pés
en augas envelenadas,
e invadíronme.
Correron cara min, e levárono,
e deixouse ir …
Alí, onde afonda e habita un orgullo incansable.
Pódeslle chamar xogo,
ou como queiras,
pero alguén tiña que apandar,
ou non tiña por qué.
Aniñando  pouco no sentir da razón
deixei de respirar.
E ollei aquela marabilla,
idiosincrasia do demo.

Cómpre saber que acougar non era esperar.


Texto: Marta J.C.