Vistas de página en total

martes, 17 de diciembre de 2013

Off-Shore


Dende un punto infinito,
onde emana co vento.
A néboa que pace
ó son da morriña.
Pecho o puño,
onde agocho a morte,
e vou.
Sorteando olas
cheas de lembranzas,
e vou.
Volátil, cúspeme a indiferenza .
Empregando habilidades bélicas,
contra mans inmóviles,
beizos brancos.
Tento rematar,
e quero volver entrar,

e vou. 

Texto: Marta J.C.

viernes, 29 de noviembre de 2013

Pura fibra



Unha para ti... unha para min...
Se non escapas... repartirémola enerxía.
Deixareite mergullar coa miña enxugada,
e medir o nivel da miña hipermetropía.
Descomedirte coas túas palabras,
e construír o teu fogar, con cubertos da miña casa.

Algún día, terei que deixarte partir...
pero o día que partas,
que sexa coa miña maleta.


Texto: Marta J.C.

martes, 26 de noviembre de 2013

Din Don



Buf,
Onte apareceron unhas zapatillas ó lado da miña cama. A min.... Gustar non me gustan, ando ben mellor descalzo, pero pór, tampouco se molestaron en pormas. Eu alí as deixei... coma quen non quere a cousa. A verdade, xa van uns días, ou semanas, que o ambiente está... non sei... algo raro hai, pero tampouco lle fago moito aquel. Tocaríalle a lotería, ou eu que che sei... cousas que che ten a xente... 
Bueno, déixote , que me vou deitar!!!!


...



Buf!... Chaman á porta!!!... Xa van 3 veces! Aquí non se levanta nin Dios!!!



Benvida pequena, pasa, coma se estiveras na túa casa.



Texto: Marta J.C.

viernes, 15 de noviembre de 2013

Detrás dun anaco de metal...



Bicos de pedra.
Corazón de amianto.
Noites corridas entre
sabas de cristal.
Ferruxe nos ollos.
Veleno na i´alma.
Augardente por sangue.
Tatuaxes de chumbo.
Bocas que ven e
ollos que falan.
Linguas estranguladoras.

ALGODÓN DE AZUCRE!

Detrás dun anaco de metal,
pódese atopar, un entrañable
floco de millo.



Texto: Marta J.C.

sábado, 9 de noviembre de 2013

A fin da terra



"Les dejo de herencia mi libertad, que es lo más preciado del ser humano”



 Chavela Vargas

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Banana Split


Eu tamén o pensei. Era o xeito de deixalos a todos calados, sen que ninguén volvese ladrar. Pero ó final... boteime atrás, ó fin... dous non comen pedras se non teñen dentes, e a min, con gardar na carteira, ben me chegaba.



Texto: Marta J.C.

miércoles, 30 de octubre de 2013

Tes un minuto


Tes un minuto. Un minuto para decidir, o destino dos próximos minutos da túa vida.

Minuto no que a calma se apodera do teu maxín. No que a auga é auga, e corre tranquila. No que, por moito frío que vaia fóra, se metes a mau nela, está morna.


Texto: Marta J.C.

jueves, 24 de octubre de 2013

Recunchos de maxia



Un boloucho de voces marmuradoras, preocupadas de portas alleas para dentro. Clasificadoras das dores, penurias, e agasallos que a vida prepara para a outra xente. Rodeado de bonitos lugares, encantadores recunchos que asobardan maxia, cheos de xestas, de mugre … Louvando paraxes artificiais, pateando pedras ancestrais, froito do arte e do bo facer.

-          Mire que hai que ver por aquí ?

-          Ee… a Igrexa vella… e … Allariz.

Texto: Marta J.C.

martes, 22 de octubre de 2013

Ahora!!


Momentos de incertidume
micros na auga,
migas de pan no lume,
pedriñas da ponte abaixo.


PLIN!


Texto: Marta J.C.

miércoles, 16 de octubre de 2013

Calma enbravecida


Telas de araña
confitadas con calma.
Son do bater,
canto de berce.
Olladas soterradas
na parsimonia do mar embravecido.
Agarimosa escuma
sucumbida polos encantos das rochas.
Saqueo de paz.
Sentida e esperanzadora
homenaxe á pasividade.
Para o tempo,
correndo o reloxo.
Un prospeto de suspensión,
inhalacións de repouso.
Pensamentos a contraluz,
bagaxe virulenta

...

Léxico incomprensible,
ebria de mar.



Texto: Marta J.C.

domingo, 29 de septiembre de 2013

Multicomplicidade


"Botaron a sortes e tocoume a min. Eu penso que fixeron trampa, pero calei. Díxome o Rata: "Vai". Eu non quería ir, digo a verdade. Pero cando o Rata dicía vai, había que ir. O Rata estaba tolo, segundo a miña nai. Pero eu penso que non estaba tolo, que era atravesado e de mala lei. "Vai", dixo outra vez. E fun. A casa de don Domingo quedaba lonxe. Algo asó como a dous quilómetros. Tiven que dar un rodeo para non pasar por diante da zapatería do meu pai. Pensei:"escapo para a casa e xa está". Pero collín medo. Ademais ía calor e na casa no verán non se para coas moscas."

Texto: Vento ferido (Carlos Casares)

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Se miras fixamente…… ÁRDENCHE OS OLLOS



Non había cabalo que correse  máis, sen ferraduras. Caían as nubes, agochábanse tras do monte, e galopaba máis rápido. Había unha bóla, redonda, laranxa, íase escondendo á vez que se desplazaba. Pero pechaba os ollos, pechábaos ata que doían … “Din que se miras fixamente, árdenche os ollos”. 
Un tren cercanías correndo a alta velocidade.  Bota máis carbón! Bota máis carbón ostia! Quería aproveitar o tempo perdido mentres estivo pechado dentro, na corte, crendo que o xinete o ía acompañar toda a vida …  Non hai cabalo penco neste mundo.

Aplomado, ergueito , vaise , cun relinchar con son a liberdade.

Texto: Marta J.C.

miércoles, 4 de septiembre de 2013

Timelapse Xinzo de limia





Timelapse de Xinzo de limia feito con máis de 8000 fotografías de Xinzo e da contorna, mostrando un pouco de esta zona

viernes, 16 de agosto de 2013

O POBO DORME



O POBO DORME

O pobo dorme.
Escorre o lume no ardor da cidade,
tempo corre, ié tempo perdido,
sono corrido,
berros silenciosos dos espíritos,
música é vento.

O pobo dorme

Ancora o poder evocativo
da chamada do feudalismo,
cheiro a carne podre,
fedor,
sesos anónidos,
billetes ó desterro,
parecen … pero non son.

O pobo dorme

Os mortos espertan,
andainas nocturnas, vagaxes,
fican calados,
correntes de valentía eléctrica,
sonos tibetanos, aventureiros,
fican ignorantes, fican calados,
incrédulos,
ruido silencioso.

O pobo dorme

Mundo dicromático,
todos son h,
fican mudos, calados.

Guillo nos silencios derrotadotes,
racha, arde, morre.

Io pobo dorme

Texto: Marta Joga Cid

                                                                                   

miércoles, 14 de agosto de 2013

PERO SE O CORDEIRIÑO COMESE A FLOR....


Se se ama a unha flor da cal non existe máis que un exemplar entre millóns de estrelas, é motivo suficiente para que o mirar as estrelas sexas feliz. Di para si: "A miña flor esta alí, nalgures..." Pero se o cordeiriño comera a flor, para el, é como se de repente e ó mesmo tempo, todas as estrelas se apagasen. E isto, non é importante??

O Principiño