Vistas de página en total

viernes, 10 de enero de 2014

Quixen construír …




Quixen construír …
E fabricar ladrillos, e colocalos un a un.
Crear un espazo, noso,
collelo coas mans e subir.
Mollei os pés
en augas envelenadas,
e invadíronme.
Correron cara min, e levárono,
e deixouse ir …
Alí, onde afonda e habita un orgullo incansable.
Pódeslle chamar xogo,
ou como queiras,
pero alguén tiña que apandar,
ou non tiña por qué.
Aniñando  pouco no sentir da razón
deixei de respirar.
E ollei aquela marabilla,
idiosincrasia do demo.

Cómpre saber que acougar non era esperar.


Texto: Marta J.C.



martes, 17 de diciembre de 2013

Off-Shore


Dende un punto infinito,
onde emana co vento.
A néboa que pace
ó son da morriña.
Pecho o puño,
onde agocho a morte,
e vou.
Sorteando olas
cheas de lembranzas,
e vou.
Volátil, cúspeme a indiferenza .
Empregando habilidades bélicas,
contra mans inmóviles,
beizos brancos.
Tento rematar,
e quero volver entrar,

e vou. 

Texto: Marta J.C.

viernes, 29 de noviembre de 2013

Pura fibra



Unha para ti... unha para min...
Se non escapas... repartirémola enerxía.
Deixareite mergullar coa miña enxugada,
e medir o nivel da miña hipermetropía.
Descomedirte coas túas palabras,
e construír o teu fogar, con cubertos da miña casa.

Algún día, terei que deixarte partir...
pero o día que partas,
que sexa coa miña maleta.


Texto: Marta J.C.

martes, 26 de noviembre de 2013

Din Don



Buf,
Onte apareceron unhas zapatillas ó lado da miña cama. A min.... Gustar non me gustan, ando ben mellor descalzo, pero pór, tampouco se molestaron en pormas. Eu alí as deixei... coma quen non quere a cousa. A verdade, xa van uns días, ou semanas, que o ambiente está... non sei... algo raro hai, pero tampouco lle fago moito aquel. Tocaríalle a lotería, ou eu que che sei... cousas que che ten a xente... 
Bueno, déixote , que me vou deitar!!!!


...



Buf!... Chaman á porta!!!... Xa van 3 veces! Aquí non se levanta nin Dios!!!



Benvida pequena, pasa, coma se estiveras na túa casa.



Texto: Marta J.C.

viernes, 15 de noviembre de 2013

Detrás dun anaco de metal...



Bicos de pedra.
Corazón de amianto.
Noites corridas entre
sabas de cristal.
Ferruxe nos ollos.
Veleno na i´alma.
Augardente por sangue.
Tatuaxes de chumbo.
Bocas que ven e
ollos que falan.
Linguas estranguladoras.

ALGODÓN DE AZUCRE!

Detrás dun anaco de metal,
pódese atopar, un entrañable
floco de millo.



Texto: Marta J.C.

sábado, 9 de noviembre de 2013

A fin da terra



"Les dejo de herencia mi libertad, que es lo más preciado del ser humano”



 Chavela Vargas

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Banana Split


Eu tamén o pensei. Era o xeito de deixalos a todos calados, sen que ninguén volvese ladrar. Pero ó final... boteime atrás, ó fin... dous non comen pedras se non teñen dentes, e a min, con gardar na carteira, ben me chegaba.



Texto: Marta J.C.